A concellaría de Promoción Económica e Comercio organiza o programa Volta ao cole, co obxectivo de dinamizar e promocionar as compras nos comercios de Santiago de Compostela.
A Concellaría de Promoción Económica, Emprego, Comercio e Turismo promove desde o ano 2004 o Concurso Municipal de Escaparatismo SCQ Shopping. Dirixido a todos os comercios de Santiago de Compostela, ten como obxectivo contribuír á dinamización e mellora dos estabelecementos en activo, incentivando a súa capacidade creativa e a súa imaxe.
O programa de fomento da cultura emprendendora Compostela Activa enmárcase no SAE, o Servizo de Apoio á Empresa . Ten como obxectivo axudar a aquelas persoas que queiran desenvolver un novo proxecto empresarial no Concello de Santiago.
O Plan de mellora para os comercios en activo ten como obxectivo axudar aos comercios de Santiago de Compostela no proceso de innovación, modernización, xestión e promoción coa finalidade de incrementar aínda máis a súa competitividade.