MACC
O Mercado de Abastos de Santiago de Compostela acolleu esta mañá o acto de presentación do avance do programa do Mercado Atlántico de Creación Contemporánea que se celebrará o vindeiro mes de setembro en Santiago de Compostela. Vítor Belho, presidente de Atlantic Comnection, promotora do Macc, recordou que o mercado non é só nin en esencia o mercado capitalista, seón que “o mercado é o espazo de intercambio, no que buscar e no que ser atopado. Centro do comercio, da cultura e da política nas sociedades grega, romana e árabe, espazo central nas sociedades latinomericanas e asiáticas, popular, vivo, diverso, cheo de cores e aromas... o mercado foi o espazo no que historicamente se tramaron os cambios na épocas de crise”. Belho anunciou que “nun momento no que a cultura se concentra na busca de grandes nomes cos que entreter grandes grupos de xente”, a segunda edición do Macc traerá ata Compostela “a maior concentración de talento nunca vista co obxectivo de comezar a construir un novo modelo, baseado na importancia das redes, da hibridación e do desenvolvemento social”.
Serán tres días de intensa actividade nos que o Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC), o Museo do Pobo Galego, a Zona C e o Parque de Bonaval acollerán máis de 72 propostas innovadoras en torno aos conceptos de Industrias creativas e procesos creativos. Proxectos que en moitos casos se presentan por primeira vez e que inciden “na necesidade de que as industrias creativas imaxinen un novo escenario para o progreso social e económico”.
O programa como proceso colectivo
Bea García, directora técnica de E-Burbulla, empresa organizadora do evento, salientou o feito de o programa do Macc 2010 é, en si mesmo, un proceso colectivo. Este proceso comezou o pasado mes de maio, coa inauguración dunha mostra colaborativa no CGAC que marcaba a apertura da recepción de propostas.
O día 30 de xuño, data límite para a recollida de ideas, a organización recibira 135 proxectos, 119 procedían das distintas comunidades autónomas do estado español e 16, doutros países. “A excelente resposta desta convocatoria refrenda a necesidade de construir e manter plataformas como Macc, lugares de encontro nos que os colectivos do sector poidan compartir e debater os seus procesos de traballo, os seus éxitos e os seus fracasos, as súas ideas e as súas necesidades”, afirmou Vítor Belho. Bea García destacou, no nome d equipo de contidos de Macc –do que forma parte, xunto con Juan Freire, Félix Lozano, Antonio Vizcaya e Vítor Belho- “a enorme variedade e calidade das propostas recibidas”, facendo unha mención específica á calidade das propostas galegas, “especialmente no relativo á cultura dixital e aos novos escenarios de actuación que se abren con ela”. A maioría das propostas recibidas incidían en conceptos como creación colaborativa, experimentación dos procesos e novos formatos. Todas elas, asegurou Bea García, presentaban unha vontade expresa de innovación e singulariedade. “Desbotamos”, explicou, “os espectáculos convencionais que non amosaban o proceso, senón un produto rematado, por considerar que este tipo de propostas contan con múltiples canles de exhibición”.
Gran parte das 72 propostas seleccionadas para esta primeira fase de definición do programa responden aos tres eixos temáticos plantexados pola organización arredor do papel das industrias creativas na sociedade actual e no deseño da sociedade do futuro: