Compostela capital de compras


Novas

COMERCIO

O comercio compostelán celebra o 18 de maio a primeira Noite Aberta de Primavera

09/05/2012

A Concellería de Comercio, dirixida por Reyes Leis, organiza por primeira vez a Noite Aberta de Primavera do comercio compostelán, que se celebrará o venres 18 de maio e que se integra dentro do programa municipal de actividades das Festas da Ascensión. O programa conta coa colaboración das asociacións comercias da cidade: Acotés, Compostela Monumental e Santiago Centro.

COMERCIO

Os Premios do Comercio Compostelán recoñeceron o bo facer de seis establecementos da cidade

20/04/2012

O salón vermello do Concello acolleu o acto de entrega dos Premios do Comercio Compostelán na súas seis categorías: Comercio 2.0, Comercio Innovación, Comercio Emprega, Comercio Veterano, Comercio de Barrio e Comercio Agarimo. Os gañadores recibiron unha figura conmemorativa deseñada para a ocasión por Ana Serra García, de Media Lúa.

PREMIOS COMERCIO ABERTO 2012

Fállanse os premios do comercio compostelán

12/04/2012
  • Os premios entregaranse o 19 de abril nunha recepción no Concello de Santiago.
  • Os comercio gañadores son: Tórculo Artes Gráficas, Como pez en el agua, Mercería Hermosinda Corzón, Pastelería Doce, Peluquería Bernardo Nogueira e Lasal Gourmet.

Vídeo

Ágora'09

Plataforma de Formación
Observatorio Estatístico
Boletín de ofertas de emprego